top of page

Sobre O Encontro

Historia

 

As terras de Agolada foron de sempre punto de encontro para o intercambio de mercadorías e grandes experiencias. A Feira do 12 e unha data moi coñecida de sempre en toda a contorna do noso concello. Nesa data, mensualmente se xuntaban na zona numerosos comerciantes  vidos dende as catro provincias de Galicia, así como dende León, Asturias etc... Alí, no recinto feiral de Os Pendellos, construído a finais do século XVIII se levaban a cabo os intercambios de produtos, todos eles artesáns ou derivados  do agro e da gandeiría directamente, que naqueles tempos eran de todo natural.

​

​

Os mercados tradicionais foron perdendo pulo e o Recinto de Os Pendellos foi caendo en decadencia ate que unha parte de eles chegou a desaparecer.

​

Co tempo e o esforzo de veciños sensibles ao interés cultural e social que o citado recinto podía ter, procuraron o apoio da administración local para a rehabilitación dos mesmos.   Froito desto, e gracias ao entendemento entre o Concello de Agolada e os veciños e gracias ao respaldo que ambos atoparon na Deputación Provincial de Pontevedra e na Xunta de Galicia, o recinto de Os Pendellos e hoxe en día un espazo único en Galicia pola súa peculiaridade.

​

​

Así o COAG para a celebración do Día Mundial da Arquitectura 2015, escolleunos coma exemplo.

​

​

Para de novo dotalos de contido a Conselelría de economía, emprego e industria da Xunta de Galicia e a  Fundación Galega da artesanía e do Deseño, puxeron en pe no ano 2012 o I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que se segue a celebrar no primeiro finde semana do mes de xullo de cada ano e neste 2018 acadará a súa VII Edición.

bottom of page